| Emprego por conta allea |
|
|
|
|
Prepáraste para pronto rematar os teus estudos, agora toca enfrentarse ao mundo laboral. Seguro que tes moitas inquietudes, ¿cómo conseguir o traballo que desexo? ¿A qué me vou a enfrontar? ¿A qué podo aspirar?
A búsqueda de emprego é un camiño onde a fin é conseguir o traballo que queres. Neste proceso o éxito depende de ti.
Primeiro identifica os teus puntos fortes, qué estudos posúes, qué habilidades tes, as túas motivacións, etc. En segundo lugar prepara unha lista de estratexias que seguir para alcanzar o emprego desexado.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado creou esta web adicada ao emprego, para axudarche na túa busca, darche instruccións útiles que sirvan en todo momento á hora de planificar unha búsqueda activa de emprego: información actualizada de ofertas de traballo en Galicia e fóra de Galicia, como elaborar un currículo, asesoramento e consultas que poidan surxir.
Cando falamos de emprego por conta allea ou emprego privado, é moi importante poñer atención á formación que temos para optar a un posto de traballo, e así coñecer o noso perfil profesional e comezar co noso itinerario de inserción laboral.
Por iso, temos que coñecer a nosa profesión para realizar unha búsqueda activa de emprego con éxito, tendo claro o noso itinerario profesional
A continuación, mostrámosche algúns dos buscadores de ofertas de emprego tanto públicos como privados. ¡Sorte na túa búsqueda!
Buscadores Privados
Distribución de oficinas de emprego
|
![]() |
![]() |
![]() |