| O teu Currículo |
|
|
|
|
A continuación poñemos a tua disposición as claves para facer un bo currículo
1.1. Datos Persoais É conveniente que inclúas só os datos que fagan posible que a empresa contacte contigo e evites calquera cuestión persoal. É interesante que inclúas unha foto con boa resolución e que dea boa imaxe de ti.
1.2. Formación Académica Inclúe só aqueles estudos que sexan imprescindibles para desempeñar o posto ao que optas.
1.3. Formación Complementaria Reflexa os cursos que teñan relación co traballo, centros onde o impartiron, duración e data
1.4. Experiencia Laboral Reflexa os traballos indicando o tempo que estiveches neles así como a data de finalización.
1.5. Idiomas e Informática No apartado de informática, reflexa os programas que manexas, sistemas operativos, etc. En relación aos idiomas, especifica o nivel que tes, tanto falado coma escrito.
1.6. Outros Datos Este apartado só é útil cando teñas algunha información relevante que non poida incluírse nos anteriores, aquí podes destacar a disponibilidade de horarios, de viaxar, se tes carnet de conducir ou coche propio.
2.1. Datos Persoais Indica aquí os datos fundamentais para que a empresa contacte contigo
2.2. Formación Acadêmica Escribe aquí as titulacións que posúes de formación reglada así como o centro onde o obtiveches e a data. É interesante que inclúas unha foto con boa resolución e que dea boa imaxe de ti.
2.3. Formación Complementaria Escribe aquí os cursos que fixeches, o nome do centro no que cho impartiron, a duración. Neste tipo de currículo non é necesario poñer fechas. Tamén lle podes chamar a este apartado formación específica.
2.4. Experiencia Profesional Podes contar neste apartado calquera tipo de experiencia profesional, remunerada ou non. Recorda que sempre é bo que estén relacionadas co emprego ao que optamos.
2.5. Idiomas e informática No apartado de informática, reflexa os programas que manexas, sistemas operativos, e que nivel tes en cada un deles. En relación aos idiomas, especifica o nivel que tes, tanto falado coma escrito.
3.1. Datos persoais Inclúe os datos necesarios para que a empresa se poida poñer en contacto contigo e prescinde de cuestións persoais que poderían perxudicarte.
3.2. Obxetivo profesional Esta información é opcional, o feito de manifestar o emprego que buscas dá unha idea da claridade na definición do teu obxetivo ademais de facilitarlle o traballo ao seleccionador.
3.3. Formación Acadêmica Reflexa neste apartado a formación básica para desempeñar o posto de traballo, sé breve e conciso.
3.4. Competencias profesionais é o momento de facer un inventario laboral, recorda que sempre debe ser breve e conciso. Destaca as túas actitudes e aptitudes se son relacionadas co posto que buscas.
3.5. Experiencia profesional Inclúe aquí todas as experiencias, pagadas ou non, onde puxeches en práctica as competencias antes descritas. Réstalle importancia ás datas exactas e inclúe o tempo que desempeñaches esa labor.
3.6. Idiomas Especifica o nivel falado e escrito así coma argumentos que o xustifiquen (cursos, estancias no estranxeiro, ...)
3.7. Informática reflexa os programas que manexas, sistemas operativos, e que nivel tes en cada un deles.
3.8. Formación complementaria Describe aquí aquela información que teña relación co posto de traballo e non poideches incluír antes.
3.9. Outros datos de interese Inclúe aquí a diponibilidade de viaxar, de horarios, se tes carnet de conducir, actividades que realices e que teñan relación co posto ao que aspiras. |
![]() |
![]() |
![]() |