Menú Principal

Últimos mensaxes no foro

Mais...

Atopa no mapa as nosas oficinas

Por favor introduce a dirección a continuación.
Dirección:
Cidade:
Provincia:
C.Postal:
Tramitar a solicitude da RBE PDF Imprimir Correo-e

Unha vez enchido o impreso para solicitar a Renda Básica de Emancipación

 

IMPRESO PARA GALICIA

http://www.emancipacionjoven.es/imaxes/file/vivienda/form_galicia_2009.pdf

 

debes acudir ao organismo competente en materia de vivenda da tua comunidade, achegando a documentación que se detalla no formulario.Na información de interese atoparás as direccións das oficinas da túa cidade que se encargan de recoller e tramitar a túa solicitude.

 

Unha vez que se comproben os requisitos, emitirá  unha resolución que en caso de ser favorable permitirache acudir á túa entidade financeira colaboradora para xestionar o pago da axuda.Nalgún caso, poida que esíxanche achegar algunha outra documentación complementaria.

 

Finalmente, no momento no que o Ministerio de Vivenda verifique que o arrendatario abonou a renda mensual ao propietario, efectuará o pago da axuda ao interesado.

 

O interesado pode solicitar o recoñecemento provisional do dereito á RBE antes de alugar a vivenda.Neste caso, podes presentar a solicitude aínda sen ter contrato de aluguer subscrito. A resolución de recoñecemento provisional da axuda caducará aos 3 meses da súa notificación, prazo no que o beneficiario haberá de presentar nova solicitude achegando a documentación restante (contrato de aluguer,etc) para que o a comunidade eleve a definitiva a resolución. Neste caso a axuda percibirase desde o mes en que se presente o contrato de aluguer.