Menú Principal

Últimos mensaxes no foro

Mais...

Atopa no mapa as nosas oficinas

Por favor introduce a dirección a continuación.
Dirección:
Cidade:
Provincia:
C.Postal:
Financiación dunha vivenda PDF Imprimir Correo-e

financComprar unha vivenda é unha decisión moi importante nas nosas vidas, por ilo,  debe meditarse con tranquilidade e facendo números.


Se temos a decisión tomada, hai unha serie de preguntas que debemos respostar:

¿Canto me podo gastar ?

Se non che salen ben os números para respostar esta pregunta, calquer banco determinará a cantidade que nos concede como hipoteca en función do valor de tasación da vivenda e da nosa capacidade de endebedamento.


A nosa capacidade de endebedamento é calculada polo banco, os cales supoñen que a cota do préstamo hipotecario máis as cotas doutros préstamos que teñamos non deben representar máis do 35/40% dos nosos ingresos netos mensuais.


¿ Que casa debo elixir?

Unha vez descuberta a cantidade que podemos permitirnos gastar ao mes na hipoteca, temos que fixarnos nalgúns factores importantes para non errar na decisión da vivenda que imos comprar. O prezo da vivenda vén determinado principalmente por tres factores:

 

- Superficie

- Situación ou contorna

- Calidade da construción

 

Analizar o tres con coidado axudaranos a tomar a mellor decisión de compra.

 

Se é unha vivenda nova: podemos esixir un plano alzado e unha memoria de calidades. No plano indícase a superficie útil e construída da vivenda, as habitacións e salas. A memoria de calidades é o documento que debe estar asinado polo aparellador ou arquitecto da obra onde se nos indica todos os materiais e elementos empregados na casa. Hai que esixir ao vendedor a documentación que garanta que as instalacións de auga, gas, electricidade e teléfono corresponden á normativa legal vixente para poder contratar a subministración destes servizos.

 

Vivenda de segunda man: estuda ben o estado de conservación e antigüidade do edificio, así como no estado da estrutura, as instalacións (illamento térmico, auga, gas, instalación eléctrica e calefacción, ...)

 

Analiza si será necesario realizar reformas importantes, e infórmese si a comunidade de propietarios ten previsto realizar algunha obra de mellora ou reparación importante xa que si pasamos a ser novos propietarios teremos que facer fronte a estes gastos, ben en forma de "derramas" mensuais, ben nun só pago.

 

Existen actualmente varias fórmulas de financiamento que incentivan a compra da vivenda, analizando as necesidades persoais, créanse fórmulas case a medida que poden levar moitas vantaxes fiscais.

 

As numerosas modalidades de hipotecas, máis flexibles, e a estabilidade dos tipos de interese que se mantivo até a data, favoreceron o acceso á vivenda mediante este tipo de financiamento.

 

Tamén hai subvencións para a compra de vivenda, pódeste informar en:

 

 

Axudas directas a promoción e autopromoción

 

http://igvs.xunta.es/web/axudamoste/6