Menú Principal

Últimos mensaxes no foro

Mais...

Atopa no mapa as nosas oficinas

Por favor introduce a dirección a continuación.
Dirección:
Cidade:
Provincia:
C.Postal:
A XUNTA COMEZA UNHA CAMPAÑA PARA CONTRIBUÍR Á AUTONOMÍA DA XUVENTUDE GALEGA A TRAVÉS DE AXUDAS PARA A VIVENDA E O EMPREGO PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 25 Novembro 2009 16:51

 

● Xuventude e Voluntariado presenta este xoves no CGAC de Santiago a campaña “Encaixa os teus soños”, que se desenvolverá en toda Galicia ao longo das próximas semanas

 

● O actor e monologuista Miguel Lago e o autor de “La crisis Ninja”, Leopoldo Abadía, participan nunha xornada á que están convidados todos os mozos e mozas galegas

 

Fomentar a emancipación dos xoves galegos, facilitándolles a súa inserción laboral e o acceso a unha vivenda digna, é o obxectivo da campaña “Encaixa os teus Soños”, que se abre este xoves, día 26, no Centro Galego de Arte Contemporáneo de Santiago, promovida pola dirección xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar. A campaña ábrese coa celebración dunha xornada dirixida ós mozos e mozas galegas, coa que se pretende achegar toda a información necesaria para que poidan “encaixar” os seus “soños” de independencia do contorno familiar.

 

Esta acción terá unha clara utilidade práctica, na que se abordarán todas as ferramentas dispoñibles coas que acadar a emancipación. Na xornada participan entre outros coñecidos persoeiros como o actor e monologuista Miguel Lago, coñecido pola súa participación no programa Curso del 63 ; o autor do libro “La crisis Ninja”, Leopoldo Abadía; ou o propietario e impulsor do proxecto empresarial Blue:sens, José Ramón García, quen dun xeito creativo e desde a experiencia persoal animarán aos xoves asistentes a tomar definitivamente o camiño da emancipación.

 

A xornada diríxese a todas as persoas que queiran mellorar a súa empregabilidade, desexen emprender un proxecto empresarial ou busquen vivenda. Tamén se abordarán as axudas públicas da Xunta de Galicia en materia de vivenda para os mozos e mozas galegas, no ámbito do Plan 2009-2012; ou as novas tendencias de urbanismo e posibilidades dun espazo físico. No eido do emprego, trataranse os servizos e apoios cos que conta IGAPE para os proxectos de novos e novas emprendedoras, así como as políticas públicas de inserción laboral para a mocidade.

 

Os asistentes terán ademais ocasión de coñecer en profundidade outras ferramentas á súa disposición, como a Oficina Virtual de Emancipación, no dominio www.xuventude.net, na que a partir do día 25 se ofrecerá información actualizada e asesoramento aos mozos e mozas; ou a rede de Oficinas de Emancipación, espazos físicos aos que se poden dirixir os máis novos para obter apoios nos seus procesos de emancipación. En Galicia a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado puxo xa en marcha as oficinas de Emancipación Xuvenil de Santiago de Compostela (Praza do Matadoiro), a transfronteiriza de Tui e a Oficina Xuvenil da Eurocidade Chaves-Verín.

 

A participación na Xornada é libre e gratuíta, previa confirmación de asistencia no e-mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . Celébrase o vindeiro xoves, día 26 de novembro, na sala do Centro Galego de Arte Contemporáneo, en horario de mañá e tarde, 10,30 a 14,00 horas e de 17,00 a 21,00 horas.

 

A celebración desta Xornada inscríbese nun programa informativo máis amplo que se vai desenvolver por toda Galicia, en colaboración co Programa de Emancipación Joven do INJUVE, que pretende concienciar ós mozos e mozas galegos sobre as grandes vantaxes da emancipación, e informarlles sobre o grande abano de axudas e liñas de apoio existentes para facilitarlles a súa inserción no mercado laboral; o acceso a unha vivenda digna; ou a creación de proxectos empresariais, entre outras cuestións. Durante todo o mes de decembro técnicos da Dirección Xeral de Xuventude organizarán nas 12 Casas da Xuventude xornadas complementarias onde se levará toda a información recollida no evento deste xoves. Tamén os concellos interesados que teñan Oficina de Información Xuvenil poderán celebrar unha xornada de Emancipación en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

 


 

Programa

 

Xornada de Mañá

 

10:30 – 11:00 : PRESENTACIÓN XORNADAS DE EMANCIPACIÓN XUVENIL

Director Xeral de Xuventude e Voluntariado. D. Ovidio Rodeiro Tato.

 

11:00 – 11:15 PROGRAMA DE EMANCIPACIÓN JOVEN

Xefe do Servizo de Emancipación do INJUVE. D. José Alberto Crespo Jareño

 

11:15 – 11:45 AXUDAS Á VIVENDA DA XUNTA DE GALICIA PARA MOZAS E MOZOS DENTRO DO ÁMBITO DO PLAN 2009-2012

Técnico do Instituto Galego da Vivenda e o Solo (IGVS). D. Xaquín Novoa Sanz

 

11:15 – 12:15 A NOVA CIDADE

Director do Estudio A-CERO (A Coruña). D. Francisco Llaurado.

 

12:45 – 13:15 SERVIZOS E APOIOS DO IGAPE PARA PROXECTOS DE NOVOS E NOVAS EMPRENDEDORAS

Responsable de información especializada do IGAPE. D. Francisco López Martínez.

 

13:15 – 14:00 “A XUVENTUDE”

Monólogo de D. Miguel Lago

 

Xornada de Tarde

17:00 – 17:30 POLÍTICAS DE INSERCIÓN LABORAL E MOCIDADE

Subdirector Xeral de apoio á contratación, a emprendedores e ao traballo autónomo, D. Jorge Barros de la Peña.

 

17:30 – 18:00 A MIÑA EXPERIENCIA: BLU: SENS

D. José Ramón García.

18:30 – 20:00 LA CRISIS NINJA

D. Leopoldo Abadía

 

20:00 CLAUSURA POLA CONSELLEIRA DE TRABALLO E BENESTAR, Dª. BEATRIZ MATO OTERO

 

 

 

CALENDARIO DAS XORNADAS DE EMANCIPACIÓN NAS CASAS DA XUVENTUDE

 

CASA DA XUVENTUDE DE VILALBA:
11 de decembro. De 18- 20 H
Información: Tlf 982 51 06 10. Fax 982 51 06 10

CASA DA XUVENTUDE DE CHANTADA:
9 de decembro. De 19 -21 h.
Información: Tlf. 982 44 16 14. fAX: 982 44 16 14

CASA DA XUVENTUDE DE LALÍN:
17 de Decembro 16.30-18.30 h
Información: Tlf. 986 78 02 29. Fax 986 78 02 29

CASA DA XUVENTUDE DE BETANZOS:
16 de decembro de 20- 22 h.
Información: Tlf 981 77 40 89. Fax 981 77 40 89

CASA DA XUVENTUDE DE OURENSE:
1 de decembro de 20-22 h.
Información: Tlf. 988 22 85 00. Fax 988 22 85 00

CASA DA XUVENTUDE DE VIVEIRO:
11 de decembro 18 h.- 20 h
Información: Tlf. 982 56 03 94. Fax 982 56 03 94

CASA DA XUVENTUDE DE TUI:
18 de decembro, 18,30 - 20,30 h.
Información: Tlf. 986 60 05 68. Fax 986 60 05 68

CASA DA XUVENTUDE DE PONTEDEUME:
15 de decembro, 16 _ 19 h.
Información: Tlf. 981 43 02 67. Fax 981 43 02 67

CASA DA XUVENTUDE DE CURTIS:
3 de decembro 18 h _ 20 h.
Información: Tlf. 981 78 64 77. Fax 981 78 64 77

CASA DA XUVENTUDE DE NOIA:
5 de decembro. 10,00 _ 12,00 h.
Información: Tlf. 981 82 38 02. fax 981 82 38 02

CASA DA XUVENTUDE DE VILAGARCIA
11 decembro as 18.00 h.
Información: Tlf. 986 50 15 68. fax 986 50 15 68