Menú Principal

Últimos mensaxes no foro

Mais...

Atopa no mapa as nosas oficinas

Por favor introduce a dirección a continuación.
Dirección:
Cidade:
Provincia:
C.Postal:
FORMACIÓN NA XESTIÓN DE EMPRESAS E IDEAS EMPRESARIAIS. O FOMENTO DO ESPÍRITO EMPRENDEDOR PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 25 Novembro 2009 17:03

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Instituto Português da Juventude, dirixen o proxecto ESPAZO XUVENIL, que conta coa colaboración de entidades que apoian unha nova liña de actuación de promoción do espírito emprendedor da xuventude galega – portuguesa.

 

Estas actividades teñen coma fin organizar actividades de interese para os mozos e a sociedade en xeral, e poñendo a experiencia e a mobilización de recursos e coñecemento para o bo desenvolvemento de actuacións relacionadas co seu ámbito de traballo.

 

UN ESPAZO NOVO NA AXENDA DE LISBOA (ESPAZO XUVENIL) foi aprobado no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007 - 2013 (POCTEP).O principal obxectivo do proxecto é promover a cooperación institucional en materia de políticas de xuventude, para que os mozos se queden a vivir e a traballar na zona transfronteiriza Galego-Portuguesa

 

As actividades van dirixidas a todos aqueles mozos que precisan dunha formación adicional ou dunha serie de ferramentas de cara á participación en Programas Europeos ou dar os primeiros pasos para a creación dunha empresa.

Esta primeira serie de actividades será complementada en 2010 con aprendizaxe específica para o fomento do espírito emprendedor e coa concesión de bolsas e premios para a creación de empresas e prácticas nas  mesmas; a estas bolsas e premios terán prioridade todos aqueles alumnos que asistan a esta formación.