| O CONSELLO DA XUNTA APROBA O DECRETO DO PLAN DE VIVENDA 2009-20012, CON AXUDAS POR IMPORTE DE PRETO DE 600 MILLÓNS DE EUROS |
|
|
|
| Mércores, 25 Novembro 2009 17:10 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
- Poderán calificarse como protexidas vivendas individuais en construción dentro dunha promoción de vivendas libres. Tamén poderán acollerse ás axudas vivendas libres rematadas, sempre que pasara un ano dende a obtención da licenza de primeira ocupación - Todas as familias con ingresos inferiores a 2,5 veces o iprem que acceden a unha vivenda ao abeiro do Plan reciban unha axuda da Xunta de Galicia - Mozos, familias numerosas e monoparentais, dependentes, persoas con discapacidades, vítimas da violencia doméstica e do terrorismo, separados e divorciados, emigrantes retornado e chabolistas terán un tratamento preferencial - Preto de 600 millóns de euros en axudas inducirán un investimento de máis de 3.000 millóns de euros e a creación de máis de 40.000 empregos
Santiago, 22 de outubro de 2009.- Tódalas familias galegas que accedan a unha vivenda protexida sen ter sido antes propietarias terán unha axuda directa da Xunta de Galicia de 2.000 euros, sempre que os ingresos familiares non superen 2,5 veces o iprem (Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples), segundo establece o Decreto polo que se regulan as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da comunidade autónoma de Galicia e a xestión das previstas polo Ministerio de Vivenda no Plan de Vivenda e Solo 2009-2012 e que foi aprobado hoxe polo Consello da Xunta.
Menores de 35 A Xunta de Galicia subvencionará tamén a adquisición de vivenda por menores de 35 anos, familias numerosas, familias monoparentais con fillos, familias con dependentes ou con membros con discapacidade, mulleres vítimas da violencia de xénero, vítimas do terrorismo e persoas separadas ou divorciadas que perderan as súas vivendas. En cada caso contémplase unha axuda de 2.000 euros, acumulables cando o adquirente se atope en máis dunha das devanditas circunstancias. No caso de familias numerosas de 5 ou máis membros a axuda incrementarase noutros 2.000 euros, pasando a ser de 4.000 euros. No caso de grupos en grave risco de exclusión social, como chabolistas e emigrantes retornados, que acceden á vivenda en propiedade, a axuda será do 25 por cento, cun límite máximo de 17.000 euros. Esta axuda, que xa fora introducida pola Xunta de Galicia nos planes 2002-2005 e 2005-2008, non é compatible co resto de axudas autonómicas. Outra das novidades deste Decreto é que se amplía de forma substancial a poboación susceptible de recibir axudas para a adquisición de vivenda, incluíndo ás familias con ingresos entre 3,5 e 4,5 veces o iprem, que no plan anterior non tiñan dereito a axudas directas e unicamente podían recibir subsidiación do préstamo cando se trataba de primeiro acceso á vivenda.
Axudas estatais As axudas establecidas pola Xunta de Galicia son ademais compatibles coas financiadas polo Ministerio de Vivenda pero xestionadas pola Xunta de Galicia. Estas axudas poden acadar un máximo de 8.000 euros para tódolos adquirentes de vivenda protexida con ingresos que non superen 2,5 veces o iprem. A contía redúcese a 7.000 e 5.000 euros cando os ingresos están entre 2,5 e 3,5 ou entre 3,5 e 4,5 veces o iprem respectivamente. Tódalas axudas estatais para familias con ingresos entre 3,5 e 4,5 veces o iprem son de nova creación neste Plan, o mesmo que no caso das axudas autonómicas. Os menores de 35 anos terán unha axuda de 9.000, 8.000 ou 6.000 euros segundo os tramo de ingresos no que se atopen. As axudas poderán acadar os 12.000 euros no caso de familias numerosas, familias monoparentais con fillos e familias con persoas dependentes ou con discapacidades oficialmente recoñecidas, sempre que os ingresos non superen 2,5 veces o iprem. Para os outros dous tramos de renda (2,5-3,5 e 3,5-4,5 iprem) as axudas serán de 10.000 e 8.000 euros respectivamente. Finalmente haberá unha axuda de 11.000 euros para mulleres vítimas da violencia de xénero, vítimas do terrorismo e persoas separadas ou divorciadas, que perderon a súa vivenda e estean ao corrente de pago das pensións alimenticias ou compensatorias e teñen ingresos que non superen 2,5 veces o iprem. Para as familias comprendidas neste suposto e nos outros dous tramos de renda a axuda será de 9.000 e 7.000 euros respectivamente. Estas axudas non son compatibles entre si, pero poden acumularse coas da Xunta de Galicia.
Subsidiación do préstamo Ademais tódolos compradores de vivendas ao amparo deste Decreto, con ingresos que non superen 4,5 veces o iprem, terán dereito á subsidiación do préstamo obtido para a compra da vivenda. A subsidiación será aplicable durante os cinco primeiros anos do préstamo, ampliables a outros cinco, e a súa contía será de ata 100 euros por cada 10.000 euros de préstamo, segundo os tramos de renda nos que se atopen os beneficiarios (80 euros para o tramo intermedio e 60 para o superior). Esta subsidiación incrementarase en 50 euros para familias numerosas, familias monoparentais con fillos e familias con persoas dependentes ou con discapacidade cuxos ingresos non superen 2,5 veces o iprem. No caso de que os ingresos estean entre 2,5 e 4,5 veces o iprem o incremento da subsidiación será de 30 euros por cada 10.000 de préstamo.
Obxectivos O Plan de Vivenda 2009-2012 en Galicia prevé a promoción de 13.780 vivendas protexidas de nova construción ao longo dos catro anos de vivencia do mesmo, das que 9.620 serán para venda e 3.980 para alugueiro. Asemade, o Ministerio de Vivenda cofinanciará a construción de 180 vivendas de promoción pública. Tamén se prevén axudas para a adquisición de 1.070 vivendas usadas. O Decreto aprobado hoxe establece a posibilidade de calificar como protexida unha soa vivenda dentro dun edificio de vivendas libres, ademais da calificación por edificios completos ou plantas dos mesmos. Doutra banda, poderán acollerse ás axudas do Plan de Vivenda, cumprindo os requisitos establecidos para as protexidas, as vivendas libres cando se trate da primeira venda e pasara polo menos un ano dende a obtención da licenza de primeira ocupación.
Axudas a inquilinos Polo que respecta ao alugueiro, ademais da promoción de vivendas de nova construción destinadas ao mesmo, o Plan de Vivenda prevé que a través do mesmo se financien 3.270 axudas a inquilinos acollidas ao programa de axudas ao alugueiro. Asemade, o Plan prevé actuacións de rehabilitación, tanto en Areas de Rehabilitación Integral (ARIS) como en Áreas de Renovación Urbana (ARUS), erradicación do chabolismo e axudas Renove, destinadas a mellorar a eficiencia enerxética, a hixiene, saúde e protección do medio ambiente nos edificios e vivendas, e a utilización de enerxías renovables. En total os diferentes programas de rehabilitación prevén 29.025 actuacións no conxunto do Plan. Finalmente o Plan de Vivenda 2009-2012 prevé a creación de solo residencial para a construción dun total de 3.610 vivendas protexidas, das que a meirande parte estarán en áreas prioritarias. En total, os obxectivos iniciais do Plan de Vivenda 2009-2012 supoñen un incremento de máis do 56 por cento respecto dos obxectivos iniciais do anterior plan
Investimento Preto de 600 millóns de euros serán destinados en Galicia para axudas para adquisición e rehabilitación de vivendas e promoción de solo residencial para a construción de vivendas protexidas entre a Xunta de Galicia e o Estado. Esta inxección económica terá efectos sobre o conxunto da economía da comunidade autónoma, xa que se estima un investimento global, incluíndo as achegas de promotores, particulares e administracións públicas, que superen os 3.000 millóns de euros e supoñan a creación de máis de 40.000 postos de traballo.
SUBVENCIÓNS AUTONÓMICAS E ESTATAIS PARA COMPRA DE VIVENDA AO ABEIRO DO PLAN DE VIVENDA
(*) As axudas da Comunidade Autónoma son acumulables entre si (excepto das de emigrantes retornados e chabolistas) e súmanse ás do Ministerio. As axudas do Ministerio non son acumulables entre si) (1)Familias con 5 ou máis fillos: 4.000 euros
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() |
![]() |
![]() |